29 de septiembre de 2013

OSCAR PEREIRO, A HOMENAXE EN FOTOS


Bueno, pasados os apuros de última hora e despois de dous días traballando á chuvia para rematar a montaxe da escultura, por fin chegou o día da homenaxe!

Pero antes vou deixar algunhas das fotos que fixera días atras Miguel Riopa no meu taller:
 


Óscar Pereiro levou a Galiza a golpe de pedal ao máis alto do ciclismo profesional. Foto: Miguel Riopa.



Pola outra cara a escultura transmite máis forza e velocidade. Foto: Miguel Riopa.
  
Foto: Miguel Riopa.

Foi unha ledicia facer este traballo. Foto: Miguel Riopa.

A HOMENAXE.


Foto: "Lis", da peña "Óscar Pereiro" antes de descubrir a escultura.

“Lis” transmitiunos a tódolos presentes a ilusión que tiñan por facer esta homenaxe e repasou os éxitos acadados antes de cederlle a palabra ao propio Pereiro.

Coas súas palabras Óscar demostrou ser tan grande como persoa que coma deportista. Restándolle importancia á polémica da ubicación do monumento, tivo palabras de agradecemento para o Concello de Mós e os seus veciños e por suposto para O Porriño, lembrando precisamente as quedadas na “fonte dos ciclistas” para saír a entrenar tantas e tantas veces.



Foto de grupo: Membros da peña, familiares e autoridades do Concello do Porriño.

As palabras máis emotivas adicoullas á peña ciclista, lembrando a súa presenza dos seus membros nas etapas e as pintadas co seu nome, xunto ao nome de Mós e Porriño nos percorridos das carreiras, moito antes do seu triunfo no Tour.

Foto: Con Óscar.

Este monumento será un referente para as novas xeneracións de ciclistas do Val da Louriña que, saíndo dende a fonte dos ciclistas, terán presente o precedente exemplo para conseguir novos éxitos para o noso deporte.


Foto: Pereiro coas novas xeneracións. Non tardará moito en saír outro campeón do Val da Louriña.

Que outro galego gañe de novo unha grande volta ciclista e só cousa de tempo.



Foto: Vista da escultura dende atrás, ao fondo a réplica da entrada ao metro de Madrid do arquitecto porriñés Antonio Palacios.