OS MEUS VIDEOS

 

 

 

O VERVO XIDO (xerga dos canteiros)

e a TERRA DAS MOAS no programa

DE QUEN VES SENDO? da TVG.


Na edición do 10/11/2013, adicada aos oficios, este programa visitou a Escola de Canteiros de Poio, onde Calros Solla fixo de improvisado anfitrión jalruando un jichaino en verbo xido (falando un pouco na xerga dos canteiros).

O que “A Pedra que Fala” ten contado aquí sobre a “Terra das Moas” tamén chamou a atención da productora deste programa da TVG, que se achegou a coñecer a algúns dos mosenses que viven entre as moas.

Para ve-lo video pincha:  

 

 

 

 ENTREVISTA DE MARIA GORETTI

PARA "ENCONTROS, SCULPTURAL EXHIBITION" 

(DECEMBRO 2011).


Unha exposición creada para facilitar o achegamento do arte feito en Galiza a unha das mecas do arte moderno, New York. Neste primeiro encontro participaron artistas galegos con obras de varios materiais e técnicas.

Para ve-lo video pincha na foto.

http://vimeo.com/31588713




 

 

TRABALLANDO NO "FOLIÓN DOS CARROS DE CHANTADA".

(25 de AGOSTO de 2012)


Os da organización encargaronse de facer este video (time lapse) que recolle, en 4:08 min, 4 horas de traballo (de 4 a 8 da tarde) labrando unha peza alegórica desta festa. Os meus parabéns aos organizadores que contaron coa nosa presenza - eu e outros artesáns - para facer unhas demostracións dos oficios tradicionais.

Para ve-lo video pincha na foto. 




Descoñecedor desta festa, quedei sorprendido con este orixinal e ao mesmo tempo antigo "folión" que recomendo a calquera.





No hay comentarios:

Publicar un comentario