A TERRA DAS MOAS

 

A VERDADEIRA ORIXE E SIGNIFICADO ETIMOLÓXICO DO CONCELLO DE MÓS.


Nesta páxina recollerei todo o que a "Pedra que Fala" dí acerca deste tema. As moas do concello de Mós seguen desaparecendo e carecen da mínima proteción paixasística ou etnográfica mentres dende o Concello e outras entidades culturais seguen a interpretar como terra de muiños a "Terra de Molis" recollida nun documento do sXIII.

Isto supón unha falta de identidade moi grave para a maioría dos mosenses, xa que en realidade MOA fai referencia aos grandes penedos redondeados que tanto abundan na marxe esquerda do rio Louro.

A TERRA DAS MOAS(I)

A TERRA DAS MOAS (II)

A TERRA DAS MOAS (III)

 

FOTOS DA TERRA DAS MÓS.

Fotos dos penedos (moas) da Terra das Mós, entendendo como tal os actuais concellos de Mós e O Porriño. Acompáña unha pequena descripción, con referencias a súa posición, nome do penedo, lendas, usos, etc,...

1- PENIDE.


No monte comunal da Parroquia das Mós hai unha zona de concentración de grandes penedos chamada "Penide".
Moa cabalgada en equilibrio. Penide, Monte comunal da Parroquia das Mós.




















O mesmo penedo visto dende outro lado.
Moitos destes penedos forman covas coma esta en Penide.


Lamentablemente, moitos destes penedos foron vítimas dos canteiros. Moa rebentada na canteira abandonada "do Porfirio", tamén en Penide.


2- NO CAMPODOMONTE. Barrio de Sta. Marta.

Moa no Campodomonte, Barrio de Sta. Marta (Parroquia das Mós).

Moa das Maravillas. Na subida ao Campodomonte polo camiño-costa das Maravillas. (foto: Eladio Gonzalez)

Penedo da Raposa. Na subida ao Campodomonte polo camiño-costa das Maravillas.

3- MEROUZOS. No Barrio da Gándara, Parroquia d'As Mós

Penedos de Merouzos 1. (foto: Eladio Gonzalez)

Penedos de Merouzos 2. (foto: Eladio Gonzalez)


4- EN CARRACIDO (Concello d'O Porriño).

No barrio de Carracido (O Porriño) as casas fixenronse entre grupos de grandes moas.

 


 

OUTRAS MÓS, MOAS OU MUELAS. 

 

 O punto máis alto do monte Pindo, "a Moa", rañando as nubes (vista dende o Castro de Mallou, Carnota).

 

O penedo da Moo (Parroquia de Matamá - Vigo).

Ao pé do camiño vello á Moo (Matamá).

 

O Coto da Mó da serra do Galiñeiro.

Aos pés do Coto da Mó, na Serra do Galiñeiro.



O curuto de "Pé de Mula" (Sabaxáns, Mondariz).